top of page

BÚSCANSE VALENTES!

Sabías que todos somos Bechos Raros? RAROS?? Que é iso? Atopáchelo na páxina?


Resulta que o seu significado é:

  • Extraordinario ou pouco común.

  • Escaso na súa especie.

  • Sobresaínte ou excelente na súa liña.

  • Extravagante de comportamento e propenso a ser único.


Entón... significa ser ÚNICO e diferente! Quen se atreve??



Cada un, como Mara, Tomás e Uma somos diferentes e temos as nosas características, as nosas “rarezas” e as nosas costumes. Pero o máis importante é SER VALENTES para querernos a nós mesmos e sobre todo, sobre todo... ser valente para axudarlle aos demais a quererse!!


Isto chámase AUTOESTIMA e para ter unha boa autoestima:

  • Temos que ter confianza para facer cousas, para afrontar retos, afrontar as dificultades...

  • Sentirnos orgullosos de como somos.

  • Ver as cousas positivas que temos.

  • Crer en nós mesmos aínda que non teñamos éxito á primeira.

  • Aceptarnos incluso cando cometemos erros.


Sabendo isto, pensas que os nosos amigos Mara, Tomás e Uma teñen unha boa autoestima? E ti?


O máis importante no mundo é coidarnos, por iso mañá imos a celebrar o DÍA DO ELOXIO

(ou piropo). Sabes en que consiste?

Pois este é un día no que todos os da casa temos que dicirnos cousas bonitas. Cando se me ocorra algo positivo ou que me gusta de min, escríboo nun papel e pégoo no frigorífico. Todos teñen que facelo eh? Papá, mamá, avós, irmáns... cada un debe escribir algo bonito sobre eles mesmos e poñelo ben grande na cociña, no cuarto... nun sitio onde o poidas ver todos os días para non esquecerte do marabillos@, únic@ e RAR@ que eres!!

RECORDA que, ás veces, algúns nenos e nenas non son quen de quererse a si mesmos e buscan facer cousas para que os demais os acepten ou sentirse mellores que os demais. TODOS SOMOS IGUAIS, nin mellores nin peores.

Sabes que eses nen@s necesitan a nosa axuda para quererse? Se algún día ves a un neno/a sufrindo, ensínalle o DÍA DO ELOXIO e se ves a algún neno/a facendo dano a alguén... AXÚDALLE A QUERERSE! Tamén o necesita.



Escoita este himno de VALENTES!!! Seguro que xa o coñeces! (CLICA AQUÍ)

152 visualizaciones

Comments


Publicar: Blog2_Post
bottom of page