O ESFORZO é unha cualidade moi positiva das persoas. É a vontade ou as ganas de lograr algo que se persegue a pesar das dificultades que atopamos no camiño.
O esforzo é a peza clave para alcanzar os nosos obxectivos, ten que ver con poñer todas as nosas forzas, ilusións e as nosas ganas para conseguir as metas que nos propoñemos.
Para aprender o valor do esforzo é moi importante armarnos de PACIENCIA (Recordas?)
Algunhas veces fracasamos nos nosos intentos pero aprendendo dos erros, con forza de vontade e esforzo, podemos conseguilo!!
Cando nos esforzamos, sentímonos orgullosos do noso traballo.
Agora estamos facendo o esforzo de estar na casa para... SALVAR O PLANETA!! Que orgullosos nos sentiremos do resultado...
Clica na imaxe e verás algúns exemplos de como nos podemos esforzar.
Acórdaste do oleiro? Aprender un oficio tan complicado, necesita esforzo e dedicación e ainda que moitas veces te desmotives, se continúas intentándoo vas a logralo como por arte de MAXIA!!
(Clica na imaxe e verás un marabilloso vídeo)
Commenti