top of page

A Paciencia

Actualizado: 13 abr 2020


A paciencia é a actitude para soportar contratempos e dificultades para conseguir algún ben. É a capacidade de saber ser paciente, ser quen de esperar sen alterarse cando algo se desexa moito.


Moitas veces cóstanos ser pacientes, verdade? e queremos algo de forma inmediata. Por iso é tan importante aprender este valor nestes días na casa para mellorar o noso ánimo e non caer na frustración (xa aprenderemos o que é). Recordade non insistir unha e outra vez cando nos din que esperemos, seguro que se cerras os ollos e imaxinas o que queres pasará máis rápido o tempo e conseguirás ser PACIENTE!


Practica a paciencia na casa e cóntanos como o fixeches. Podes empezar escoitando este conto, facendo un baile coa canción, resolvendo quebracabezas, enigmas...

Escoita este contacontos (clica na imaxe) e fai un resumo:


Descubre esta canción con paciencia, atréveste a inventar un baile? Pincha na imaxe.


E... se queres saber máis sobre a paciencia, AQUÍ atoparás moitos vídeos divertidos.

148 visualizaciones
Publicar: Blog2_Post
bottom of page